Agustín Fernández: 'Ten que haber un so goberno con dous partidos adoptando decisións consensuadas'

Agustín Fernández, no seu despacho. (Foto: Xesús Fariñas)
O Concello acaba de aprobar inicialmente os seus orzamentos para este ano. Con máis de 101 millóns de euros, son os máis elevados da historia, pero non por iso menos criticados.
Como definiría os orzamentos deste ano?

Aínda que teñen un crecemento moderado, se se analizan as partidas son uns orzamentos de potenciamento do benestar social. Hai partidas moi importantes que atenden á xente máis necesitada da cidade e que pretenden reforzar os servizos públicos fundamentais e, en concreto, a axuda no fogar, que chega a dous millóns de euros; o comedor sobre rodas, que non existía e que é levarlle comida á xente ás súas casas e que este ano duplícase. Tamén se vai adxudicar e está orzamentado o servizo de recollida de lixo e limpeza viaria cun aumento no custo e na prestación de servicios nun 50%, a mellora do servicio urbano e despois vaise facer un esforzo importante no abastecemento e saneamento importante que vai permitir en tres anos investir 8,5 millóns de euros.

O cambio de goberno na Xunta, afectará a estes proxectos?


Considero que non, son convenios que van atender a servicios públicos fundamentais e entendo que o novo goberno en ningún caso modificará estes convenios, que xa están firmados e que espero que, se atenden ós seus postulados de ser positivos e constructivos, incluso os reforzarán. Se non, os cidadáns de Ourense non ían entender o apoio que lles acaban de dar nestas últimas eleccións.

Cuestionouse moito o capí tulo de investimentos.


O orzamento prevé investimentos por 10 millóns de euros que veñen complementar ós 19 millóns do Fondo Estatal de Inversión Local que se están empezando a executar e que van permitir inxectar unha cantidade de recursos moi importante o tecido productivo desta provincia. Eu podo garantir ás pequenas empresas da cidade, non somentes vencelladas á construcción, investimentos ó longo deste ano duns 35 millóns de euros, que virán dese Fondo Estatal, do noso anexo de investimentos e, se é preciso, utilizando o remanente de tesorería mediante modificacións de crédito.

O PP critica o excesivo custe do persoal e o gasto corrente.


É lamentable esa apreciación. O persoal do Concello é basicamente o que tiña o PP e ademais presta servicios fundamentais para esta cidade. Cando se fala de gasto corrente, é unha memez dicir que é improductivo, xa que inclúe o transporte urbán, o comedor sobre rodas, a axuda a domicilio...

A nova adxudicación do servicio de limpeza, repercutirá no peto dos cidadáns?


O custe do servicio vaise incrementar un 50%, en tres millóns de euros, e temos que analizar o que se trasladará ós veciños, pero será unha parte moi pequena, aínda por concretar.

Ten problemas de morosidade o Concello?


O noso Concello paga moi ben, extremadamente ben porque está nunha situación moi solvente e dunha adecuada liquidez para os tempos en que estamos. Non hai morosidade nin problema nos pagos, simplemente ó mellor non se paga unha factura por problemas de tramitación.

Como cre que repercutirá o cambio de goberno na Xunta no bipartito municipal?


Os resultados das eleccións non teñen que afectar ó funcio namento ordinario do Concello porque eu creo que vai haber a correspondente lealtade entre as institucións, sobre todo respecto os compromisos xa pactados e existentes. Creo que os cidadáns o que nos están trasladando é que si pode haber varios partidos que leven adiante un goberno pero non varios gobernos que leven unha cidade e debemos entender a mensaxe. E despois hai que saber explicar ós cidadáns as cousas que se fan porque me parece tremendo que o PSOE aprobara unha lei tan importante como a de dependencia, que probablemente nunca a aprobaría un partido como o PP e que todos sabemos que é moi costosa, e que quen nunca a crearía agora pretendan utilizala dicindo que está morrendo xente maior sen recibir esas axudas. Paréceme unha mensaxe inaceptable.

Haberá cambios no bipartito ourensá?


Aquí os resultados foron bos e melloramos a situación pero eu percibo na cidadanía que si que hai que facer cambios. Se se trasladou unha imaxe que pode haber dous gobernos distintos, non pode ser. Ten que haber un so goberno, un so Concello con dous partidos que adopten dunha forma consensuada decisións. Hai áreas moi sensibles como para que un so partido asuma o 100% da responsabilidade.

Te puede interesar