ENTREVISTA

“Teño tendencia a ser un escritor con certa pena trascendente"

albertoca_result
photo_camera Alberto Canal.

A súa última novela no Liceo. "O amor nos escuros días de Birkenau" fala da posibilidade do amor coma arma para loitar contra a sinrazón humana e o faino a través dun perruqueiro berlinés e dunha presa xudía

Alberto Canal presentou onte a súa última novela no Liceo. "O amor nos escuros días de Birkenau" fala da posibilidade do amor coma arma para loitar contra a sinrazón humana e o faino a través dun perruqueiro berlinés e dunha presa xudía, ambos os dous no inferno do campo de concentración de Auschwitz. A obra estreouse cunha crítica inmellorable e tras resultar segunda finalista do premio Xerais deste ano.

Que fai a un xornalista embarcarse nunha novela?

Todo escritor ten diferentes motivacións á hora de afrontar un proxecto literario, para min foi o uso da lingua na súa vertente máis artística. Creo que non hai escritor se non hai esa pulsión por traballar coa lingua. Tamén, abordar unha obra literaria é moi parecido a compoñer unha canción. Sempre é un desafío moi atractivo para unha persoa que quere escribir unha obra de certo peso.

É a túa segunda obra, tras "Conexión Tubinga" e de temática totalmente diferente...

Teño tendencia a ser un escritor con certa pena trascendente en canto a tratar problemas fundamentáis da existencia humana. Froito das vivenzas e da propia biografía pero neste caso "O amor nos escuros días de Birkenau" é desas historias que acaban impoñéndose nun momento concreto.

O holocausto parece unha fonte inesgotable de inspiración.

Si, de feito estaba escribindo a novela cando se publicou "O neno do pixama a raias" e se traduciu ao galego axiña. Esperei un pouco porque considerei que saira esa novela e tiña éxito pero logo decateime que ao longo dos anos outros autores publicaron outras novelas e invitaban a seguir contando o holocausto.

Con esta temática a documentación tivo que ser difícil.

Sobre todo quería que coincidise no de desenvolvemento da novela, que é o último ano de ocupación de Polonia polos nazis até a liberación dos rusos. Quería ser coherente durante ese ano, logo hai algunhas pinceladas, unha obra non é un libro de historia, trata de emociós, sentimentos, non ten a pretensión de revisar ou profundizar nela, eu ultilízoa máis como un pano de fondo. 

A idea do amor como arma para loitar contra a sinrazón foi outra das ideas sobre as que empezaches a escribir? 

Si, quería que fora unha novela de sentimentos. A procura do amor nun momento especialmente dramático, á desesperada como unha motivación especial para vivir.

Tes novo libro en mente?

Vai saír outro en Xerais e creo que en Ourense vai xerar expectativa. Unha novela, "O trapecista da maia de rombos", que a editorial encadrou na liña xuvenil e que pode ser lida polo público adulto. Conto os derradeiros días do Circo dos Muchachos vistos por un neno que aínda aspira a ser trapecista. 

Te puede interesar