O alcalde de Melón aposta pola pranta de Mitsubishi

O interese da empresa Mitsubishi para instalar unha planta de baterías para vehículos eléctricos no sur de Galicia, para a que necesita 200.000 metros cuadrados de solo, motiva ó alcalde de Melón, Alberto Pardellas, a ofrecer a dicha empresa ó parque empresarial deste municipio como lugar para a súa ubicación. 'Xa que a situación xeográfica do noso Concello conleva a que o polígono teña un óptimo acceso á autovía A-52 e estea a 30 minutos da cidade máis industrial de Galicia (Vigo), e a 15 minutos da capital da nosa provincia' matizou o rexedor local.
As autoridades municipais afirman que xa dispoñen da aprobación de toda a tramitación administrativa: o PXOM, o plan parcial e o proxecto de urbanización realizado pola Deputación, que inclúe os traballos de campo para a valoración e identificación das aproximadamente 1.000 parcelas que compoñen os 300.000 metros de solo industrial, que en caso de maior demanda se poderían ampliar, puntualizou Pardellas.

O alcalde mantivo unha reunión con altos cargos do PP de Ourense, así como co seu presidente e actual vicepresidente do Parlamento de Galicia, José Manuel Baltar, co fin de estudiar a posibilidade e xestionar o apoio necesario para que este proxecto se poida convertir nunha realidade. Pardellas refiriuse ás Xornadas do Vehículo Eléctrico previstas para o vindeiro luns e martes como unha oportunidade para o primeiro contacto coa empresa.

Te puede interesar