RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Un total de 2.000 usuarios, 333 deles de nova incorporación recibiron asistencia durante o 2023 ao abeiro do convenio entre o Sergas e a asociación ourensá As Burgas, no marco dos programas de intervención e asistencia a persoas con trastornos aditivos. No caso dos novos pacientes, 228 foron homes e 105 mulleres. De todas as patoloxías, o alcoholismo é o “primeiro motivo de tratamento en condutas aditivas en Ourense”. Así o indicou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no acto de renovación do convenio de colaboración entre ditas institucións. “Temos que tratar ás persoas con adiccións, sobre todo o alcohol en etapas agudas e máis a prevención”, expresou Comesaña.
O responsable da sanidade galega e o presidente da Asociación As Burgas, Gerardo Flórez Menéndez, firmaron onte un acordo que contribuirá, entre outros, ao financiamento dun programa orientado á prevención de recaídas de pacientes previamente estabilizados, ou ao desenvolvemento do programa “Conta Contigo”, destinado a persoas que estiveron recluídas e en proceso de reincorporación social.
No acto de renovación do convenio no que tamén se contou coa presenza do xerente da Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Félix Rubial, aproveitouse para achegar outras das patoloxías máis tratadas na asociación. Ademais dos problemas de adicción co alcohol, tamén se suman ao pódium os tratamentos e programas para axudar ás condutas aditivas relacionadas co xogo e o tabaquismo. “Temos programas específicos para cada problema e esta nova renovación do convenio é un orgullo e nos anima a seguir por este camiño”, expresou Flórez.
Neste acto de renovación, o Servizo Galego de Saúde prometeu achegar unha partida económica de 221.529 euros para o financiamento das actividades que realiza esta asociación. Con esta achega, a Xunta de Galicia pretende incrementar este ano en máis de medio millón de euros o investimento dos convenios para o desenvolvemento de programas de asistencia sanitaria especializada dende un enfoque biopsicosocial para axudar a que, na actualidade, as adiccións teñan un tratamento multidisciplinar e personalizado segundo conveña.
O Executivo galego asinou nove convenios de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e outras entidades sociais para a asistencia a pacientes con trastornos relacionados con adiccións, até acadar un total de 7.764.100 euros en achegas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy martes, 3 de noviembre