Concienciación

O alumnado do Divina Pastora expón os seu traballo como "investigadores sociais"

20180614_115523
photo_camera Acto de clausura coa presenza dos "investigadores sociais".

A través deste proxecto os alumnos e alumnas investigaron as causas do vandalismo e dos delitos forestais, ao tempo que desenvolveron unha campaña de concienciación

A Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES) en colaboración coa Fundación Barrié organizaron este xoves un encontro na Molinera para presentar o balance dos traballos realizados polos alumnnos e alumnas de 5º de primaria e 2º da ESO do colexio Divina Pastora.

A través do proxecto "Investigadores Sociais", e coas consignas de #SenLumes e #SenVandalismo, o alumnado investigou as causas do vandalismo e dos delitos forestais. Ademais, tamén observaron a cidade e aos seus habitantes, onde fixeron enquisas para concienciar á cidadanía sobre os riscos e problemas destes dous problemas

O resultado: dúas campañas de sensibilización social sobre a prevención de neglixencias que provocan incendios forestais e sobre os problemas e riscos do vandalismo. 

No acto de peche do proxecto estiveron o concelleiro Jorge Pumar e representantes de Barrié e APES.

 

Te puede interesar