Amancio Prada actúa na homenaxe a Cunqueiro

O cantautor Amancio Prada será un dos protagonistas do 111 aniversario do nacemento de Álvaro Cunqueiro na Insua dos Poetas, o  sábado, día 17, organizado pola Fundación Insua dos Poetas e o respaldo da Deputación de Ourense, Xunta de Galicia, Parlamento de Galicia, Concello do Carballiño e o Concello de Mondoñedo. A xornada arrancará na Esgueva (Madarnás, O Carballiño) ás 10,00 horas, co desvelo da escultura realizada pola artista Tatiana R. Fírvida (Boborás, 1995).

Será a primeira peza escultórica vencellada ao escritor na provincia de Ourense. Intervirán as autoridades co acompañamento musical da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Na segunda parte intervirá César Cunqueiro González-Seco, fillo do escritor e proxectarase un vídeo. A continuación terá lugar o recital do cantautor Amancio Prada. Rematará a instalación de Álvaro Cunqueiro na Insua  cunha degustación de polbo, pan do Irixo e viño do Ribeiro. 

Te puede interesar