ENTREVISTA - VIDA

O amor polos viñedos de Concha Iglesias

Concha Iglesias.
photo_camera Concha Iglesias.
Ata non hai moito, Concha Iglesias non puña os pés nas viñas. É máis, cando era pequena odiaba todo o que tiña que ver co traballo nelas. Pero foi no 1999, a raíz de circunstancias persoais, cando tivo que facerse cargo delas e descubriu que lle gustaba traballalas. Ser a súa propia xefa. O mundo do viño foina enganchando pouco a pouco e agora é viticultora e vicepresidenta de Viña Costeira. Eso si, confesa que a vendima segue sen gustarlle...

É vicepresidenta de Viña Costeira, fálenos da súa traxectoria na adega.

Son socia de Viña Costeira dende 2002, pero antes xa o foron os meus pais e os meus avós, a tradición do cooperativismo vén de familia. En decembro do 2010 propuxéronme entrar no Consello Rector da adega e aceptei, o que non sabía e que ía a entrar como vicepresidenta. Aquí sigo, ao pé do cañón nas boas e nas malas. É un compromiso no que podo aportar o mellor de min.

Qué filosofía segue?

O traballo nunha cooperativa é sobre todo traballo en equipo, esa é a filosofía máis importante. Penso que é un orgullo para todos os que somos socios vir de celebrar o ano pasado os 50 anos da adega, o medio século de este proxecto colectivo que serve para desenvolver o Ribeiro, e no que nos quedan tantas cousas por facer. Mirar sempre hacia o futuro dende o traballo en equipo é fundamental.RIBADAVIA (BODEGA VIÑA COSTEIRA). 29/10/2019. OURENSE. Conchi Iglesias, vicepresidenta Viña Costeira, posa para un retrato, para suplemento VIDA. FOTO: ÓSCAR PINAL

Fálenos do proceso que seguen en Viña Costeira ata que os viños ven a luz.

O traballo na viñas é  continuo durante todo o ano, é ese coidado e o traballo dos viticultores o que vai a dar una materia prima de calidade coa que se elaboran os viños. A parte máis chamativa é a vendima polo feito de ser a maior adega do Ribeiro, que convirte eses días nunha peregrinaxe de socios, proveedores e medios propios para entregar a uva na adega. Temos incluso visitas especiais para ver este proceso.

Unha vez que toda a uva é entregada, separando cada una das variedades,  elaboramos os distintos viños de forma tradicional, como se fixo sempre, eso si, baixo as directrices do noso enólogo, que sabe moito de viños.  

Cando os distintos viños están listos pasamos a embotellalos, coas distintas marcas e segundo as necesidades dos clientes. Por último o equipo comercial e loxístico encárgase de que poidamos chegar a todos os puntos de venda, son os que realmente fan posible que calquera persoa poida disfrutar dun dos viños de Viña Costeira. En cada botella hai un traballo en equipo de moitos meses que penso que é o que consegue que os nosos viños sexan “extraordinarios”.

Que viños elaboran na adega?

Ademais de Viña Costeira, o máis coñecido e o que da nome a adega, elaboramos moitos outros viños. Treixadura 100% como Amadeus, plurivarietales como Colección 68 e Modus Vivendi, o clásico Pazo Ribeiro branco e tinto, que pode presumir de ser o primeiro viño embotellado do Ribeiro, os nosos espumosos Lúa, marca coa que colaboramos coa asRIBADAVIA (BODEGA VIÑA COSTEIRA). 29/10/2019. OURENSE. Conchi Iglesias, vicepresidenta Viña Costeira, posa para un retrato, para suplemento VIDA. FOTO: ÓSCAR PINALociación para enfermos e familiares de Alzheimer Afaor… Ademáis dende fai uns anos temos unha liña de viños de finca da nosa adega Pazo de Toubes, moi especiais e donde elaboramos viños exquisitos  en pequenas producción. O mellor para coñecer aos viños e as persoas da adega e visitarnos, sorprenderaste seguro. Somos a adega máis visitada de Ourense e, según di Tripadvisor a mellor opción para o ocio na provincia, algo debemos ter.

Que é o que máis lle gusta deste mundo?

Todo. Pero pode ser que o tratamento do tempo. O mundo vai moi rápido, pero o mundo do viño esixe reflexión, maduración, que nos paremos un intre en todos os procesos necesarios e iso fai que os resultados sexan máis lentos, sen pausa pero con calma. O sector tamén me parece moi enriquecedor, dache a oportunidade de coñecer a outras persoas, incluso competidores cos que sempre se pode aprender e compartir.

Como muller no mundo do viño, como sentiu e sente?

Nunca tiven ningún problema con iso, ainda que os demáis membros da Xunta Rectora son homes, o traballo cooperativo non entende de xénero, trátase de aportar o mellor de cada un de nós.  Fóra das adega, o mundo do viño, como case todos antes, sempre foi considerado un mundo de homes, pero as cousas foron cambiando e hai excelentes viticultoras, enólogas, adegueiras... a presencia no sector é crecente, e así debe ser. Todo o que sirva para visibilizar a importancia da igualdade é benvido.

Hai algún proxecto que poida desvelarnos?

Estamos a piques de presentar un novo producto da familia dos espumosos de Costeira que ten especial importancia porque nos achegará ainda máis a AFAOR. Ademáis das labores comerciais como adega creo que é importante que as empresas nos vinculemos a actividades sociais que revirtan na mellora do entorno e da sociedade. Que mellor que colaborar con una asociación que se ocupa de familiares e enfermos de Alzheimer. Son estas cousas as que me fan estar moi orgullosa de pertencer a Viña Costeira.

Recoméndenos un viño para desfrutar do domingo. 

Toubes, sen dúbida, un viño xoia envellecido en barrica. Os domingos son para disfrutar e “Toubes” é extraordinario para iso.

Te puede interesar