ENTREVISTA DEL VIDA

Unha aposta pola tradición

isaac1_result
photo_camera Banda de gaitas Nova Era.

A Asociación Cultural de Música Tradicional de Monterrei traballa a prol do fomento da música tradicional na comarca

Contennos... cales son as orixes do grupo?
No pasado outono comezamos a traballar ca idea de crear unha asociación cultural adicada ó fomento da música tradicional na nosa zona. Xa en febreiro deste ano este proxecto viu a luz materializado co nome de Asociación Cultural de Música Tradicional de Monterrei. Dentro deste xestionanse varias sección que van dende o grupo folk Lapsus Gaita e o cuarteto tradicional que leva o mesmo nome xa creados anos atrás e que agora están integrados dentro de dita asociación xunto coa banda de gaitas Nova Era. Este conxunto comezou a funcionar a finais do ano pasado para culminar a súa presentación na XXX Xuntanza Internacional de Gaiteiros celebrado no Castelo de Monterrei.

Cales son os puntos claves do voso día a día?
A nosa base é o traballo e o esforzo tanto personal coma colectivo. Soupemos dende o primeiro momento que se queríamos lograr que este proxecto fose adiante debíamos esforzarnos, traballar e aprender tantas cousas coma sexa posible. En canto a posta de escena, dependendo do tipo de actuación e estilo de repertorio, configuramos a nosa formación contando incluso cunha sección propia de instrumentación que abrangue dende saxofón e trompeta ata piano ou guitarra; ademais das sección fixas de gaita e percusión. 

Que pretenden coa súa música?
Desfrutar. Desfrutar tocando. A nosa idea esta fóra de calquera corrente de pensamento. Arranxamos tanto pezas tradicionais galegas coma outras de corte máis moderno pasando por influencias asturianas, da Bretaña francesa ou mesmo de Irlanda e incluso nos da por compoñer alguna entre os membros da banda. Todo iso adecuado a cada espazo, porque temos que entender o contexto cultural de cada actuación, o que nos leva a combinar por exemplo percusión galega con percusións latinas ou incluso orquestais. O caso é que estamos convencidos de que se pode manter a base tradicional e xogar á súa vez con elementos renovadores que poidan explotar todas as características do instrumento.

Como ven a situación da música tradicional galega?
Nalgunhas cousas podería estar mellor. Pero sen dúbida tampouco esta nun mal momento, ao contrario, vemos día a día como a difusión da gaita, do baile ou do canto tradicional é maior chegando incluso aos nosos fogares a través de diversos festivais e mesmo a concursos de televisión. Non coñecemos quizáis o panorama de hai trinta ou corenta anos pero si que cremos que coa difusión actual o noso parece estar mellor.

Como ven o seu futuro?
Nós cremos que o futuro o construimos todos, quen deixe de por unha pedra pola música tradicional non axudará a facer o muro do futuro. E aínda así non cremos que desapareza nun corto plazo porque o traballo actual é de moita calidade.

Cales son os seus proxectos?
En canto a Nova Era, estamos traballando na consecución dun repertorio plenamente arranxado por nós para alcanzar un toque personal e seguir continuando activamente por moito tempo. Como proxectos a curto plazo temos varias actuacións de aquí a que remate o verán, unha delas, hoxe, no Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas en Manzaneda. A medio plazo estamos perfilando distintas ideas como a de ofrecer unha mostra do noso traballo á xente da nosa zona mediante a celebración dalgún tipo de evento, ademáis de facer un espectáculo conxunto con algún personaxe importante do panorama musical galego. E xa non dende o punto de vista da banda, se non o da asociación, é ofertar unha formación de calidade para a xente da zona. 

Te puede interesar