Ourense

Apostar polos xóvenes talentos como legado de Carlos Casares

Ourense

Apostar polos xóvenes talentos como legado de Carlos Casares

Xabier Casares, Manuel Baltar, María Canosa, Hakan Casares e Gustavo Garrido.
photo_cameraXabier Casares, Manuel Baltar, María Canosa, Hakan Casares e Gustavo Garrido.
Baltar destacou a "simbiose" do autor ca provincia e recoñeceu a labor da fundación neste eido para apioar a "sementeira, o talento que vai facer avanzar as sociedades"

A Fundación Carlos Casares e a Deputación de Ourense presentaron a I edición do Premo Carlos Casares Kristina Berg Talento Activo. "Para manter vivo o seu legado e a súa traxectoria damos un paso máis con este proxecto que aposta polo talento galego e xove", sinalou Manuel Baltar, presidente da Deputación.

Baltar destacou a "simbiose" do autor ca provincia e recoñeceu a labor da fundación neste eido para apioar a "sementeira, o talento que vai facer avanzar as sociedades". A idade límite para participar neste certame é de 36 anos, de ahí a clara idea de impulsar aos talentos máis novos. "Aposta polas persoas que máis teñen que aportar, porque precisan dun apoio que lles vai brindar a fundación", afirmou Baltar.

Hakan Casares, fillo do escritor, admitiu que a decisión de facer estos premios estivo marcada polas ideas de Casares: "Meu pai sempre dedicou unha parte das súas enerxías a formar xente nova, valorar e promocionar o seu traballo". Estas accións convertíronse nos obxetivos deste certame: "Queremos dar unha dotación económica a alguén que esté comezando e así conectar a esa persoa co legado de meu pai".

O xurado estará composto por María Canosa, Cristina Pato, María Martinón e Fernando González "Gonzo". "É moi axeitado ter un premio destas características nos tempos que corren", apuntou María Canosa, que definiu a Carlos Casares como "activista cultural". Os candidatos serán presentados por institucións galegas e optarán a un premio de 10.000 euros.