ENTREVISTA

Araújo: “Ofrecemos diálogo e moderación, que é algo que se vende moi caro neste momento"

José Araújo (ARCHIVO)
photo_camera José Araújo (ARCHIVO)

Ciudadanos busca o seu oco. A formación laranxa preséntase ás eleccións autonómicas coa intención de entrar no Parlamento de Galicia por primeira vez. José Araújo, cabeza de lista por Ourense, aposta pola "moderación e o diálogo" para  "pelexar" pola provincia.

Cales son as propostas fundamentais que hai que aplicar en Ourense de inmediato?

Nós centrámolas en Ourense e en Galicia, e a proposta fundamental é saír desta nova situación na que nos atopamos derivada do covid-19; que sumerxeu a Galicia nunha crise profunda coma o resto do territorio e pensamos que hai que atallala e intentar saír do mellor xeito posible para que non quede moita xente na "cuneta". E despois, a partires de aí conectar a provincia co resto das provincias galegas e darlle a importancia que ten e que lle levan restando nos últimos anos.

A cidadanía pérdese un pouco cando chegan as eleccións e hai tantas propostas. Que é o que diferencia a Ciudadanos doutros partidos?

Nós de entrada ofrecemos moderación e diálogo, que é algo que parece que se vende moi caro últimamente, nun momento de tanta crispación. Acabamos de demostralo no goberno do Estado apoiando medidas precisamente para beneficiar aos traballadores. Dende a nosa formación reclamamos medidas de reconstrucción e sobre todo pedimos un goberno útil, unha oposición útil para sumar, non estar crispando agora que parece que queremos volver a esa situación de "los rojos y los azules".

Que vai pasar cando teñamos os resultados? Cales son as liñas vermellas? A quen non apoiar?

Nós estamos dispostos a negociar con todos, de feito estámolo demostrando no concello de Ourense. Estamos intentando sempre sumar, acabamos de votar a favor duns presupostos, falamos con veciños para apoiar aquelas inversións en cada un dos barrios… O que si temos claro é que somos un partido que representa ao conxunto do Estado, o que queremos é veciños cidadáns iguais vivan onde vivan.

Que podería ofrecer José Araújo como candidato?

Eu persoalmente vou intentar aplicarme todo aquello que estou a dicir. A min gústame a política, estou por pura vocación. Gústame estar onde se toman as principáisdecisións. Se podo pelear por esta cidade e por esta provincia no Parlamento, fareino con moitísimo orgullo.

Te puede interesar