A arquiveira Olga Gallego xa ten o seu propio selo

Presentación do selo de Olga Gallego, onte no Liceo.
photo_camera Presentación do selo de Olga Gallego, onte no Liceo.

A Sociedade Filatélica Miño presentou onte un selo dedicado á arquiveira e historiadora Olga Gallego Domínguez (1923-2010), primeira muller en incorporarse á Real Academia Galega, polo centenario do seu nacemento. O selo foi revelado nun acto no Liceo, destacando os logros e recoñecementos de Gallego no ámbito da investigación histórica

A Sociedade Filatélica Miño presentou onte un selo dedicado á arquiveira e historiadora Olga Gallego Domínguez (1923-2010), primeira muller en incorporarse á Real Academia Galega, polo centenario do seu nacemento. O selo foi revelado nun acto no Liceo.

Olga Gallego licenciouse en Filosofía e Letras. En 1955 comezou unha andaina como arquivadora, que a levou á Biblioteca Pública e o Arquivo da Delegación de Facenda de Vigo. A partir de 1968, foi directora do Arquivo Histórico Provincial e do Arquivo da Delegación de Facenda de Ourense.

En novembro de 1986 entrou na RAG en calidade de numeraria co discurso “As barcas e os barcos de pasaxe da provincia de Ourense no Antigo Réxime”. As chaves que lle abriron a porta da Academia foron os seus méritos no campo da investigación histórica, tal e como trasladan dende a Sociedade.

Gallego, protagonista do selo, foi recoñecida con galardóns como o Lazo da Orde de Alfonso X o Sabio, a Medalla de Prata de Galicia, a Medalla Castelao e o Premio Trasalba.

Te puede interesar