Cincoenta obras de Alexandro, Vidal Souto e Antón Lamazares amósanse no Centro Cultural

A arte xunta a tres grandes creadores contemporáneos

Castro, Lamazares, Vidal Souto, Alexandro, Santalices, Vázquez, Baltar e González na inauguración da mostra. (Foto: M. PINAL)
Alexandro, Vidal Souto e Antón Lamazares amosan dende onte a esencia da súa técnica pictórica no Centro Cultural da Deputación de Ourense, unha mostra que estará aberta ós cidadáns ata o 23 do mes de febreiro. O acto de inauguración da exposición, onte no propio Centro, encheu as instalacións de amigos e seguidores dos pintores, que amosaron tamén a súa satisfacción polo resultado da exhibición, que recomendaron ós amantes da arte. O presidente da Deputación, Manuel Baltar; o comisario da mostra, o parlamentario Miguel Santalices, e o director do Centro, Francisco González, acompañaro ós pintores nesta inauguración.
A exposición exhibe obras actuais ?sobre todo de Alexandro e de Vidal Souto- e pinturas que amosan unha traxectoria ?especialmente no caso de Lamazares, que inclúe obras dende a década dos 80-. Todas elas fan gozar ao espectador dunha importante creación pictórica.

É a primeira vez, recalcaban onte os asistentes á inauguración, que a arte galega reúne a tres dos máis grandes creadores contemporáneos de Galicia e faino no Centro Cultural, logo da exitosa exposición Pure Pop Art.

Ademáis, o catálogo da exposición inclúe textos explicativos das obras asinados por Luis González Tosar, Jaime Noguerol, António Gonçalves, Tareixa Taboada ou Manolo Figueiras.

Santalices destacaba onte a xenerosidade destes tres artistas, que ademáis son, asegurou, tres grandes creadores.

Te puede interesar