ARTURO BALTAR: “sempre tivemos moito potencial artesanal como se ve nos nomes antigos das prazas'

O escultor Arturo Baltar, no xardín da súa casa (Foto: JOSÉ PAZ)
A partires do vindeiro domingo, La Región regalará a colección 'Ourense de Oro II', que ó longo de 35 fascículos mergúllase con espectaculares fotografías nas persoas, oficios, tradicións e costumes da mítica e rica Auria. O escultor Arturo Baltar, símbolo e referente da ourensanía, asina o prólogo dunha obra na que se condensa o pasado, presente e futuro da provincia.
¿Cal é o ouro de Ourense?
O propio topónimo xa fai referencia a esa riqueza material que viña polo Sil abaixo. Sen embargo, o noso ouro máis valioso foron os intelectuais, como aqueles da Xeración Nós, que fixeron desta terra un dos lugares máis avanzados de Galicia.

Principalmente o viño e, en menor medida, a castaña. Ourense sempre tivo un gran potencial artesanal, como se reflexa nos nomes antigos de prazas, como a dos 'Zapatos', a dos 'Coiros', a das 'Olas' ou a do 'Ferro'.

Coa globalización a comercialización faise cada vez máis competitiva e corremos o risco de non saber adaptarnos ás circunstancias. Esto foi o que aconteceu coas puxantes fábricas de curtidos e zapatos, que acabaron desaparecendo nas décadas dos 50 e 60. O mesmo que cos pementos de Seixalbo.

Co patrimonio monacal, a pesares de que moitos dos mosteiros están en ruinas, e cos mestres artesáns e canteiros, que fixeron posible o románico e o barroco facendo eles mesmos todo o proceso artístico.

Cada vez é máis difícil facer unha arte propiamente ourensá porque nos fixamos demasiado en Nova York ou China. Anque, á larga, tamén pode ser positivo pola mestura multicultural.

Te puede interesar