ENTREVISTA

Asunción Maus: “Os profesores non son sanitarios, cada un ten o seu ámbito de acción"

2020082421383192585
photo_camera Asunción Maus.
A vicesecretaria provincial de Satse, Asunción Maus, defende o papel da Enfermería nos centros educativos

A volta ás aulas trala irrupción do covid-19 volve a poñer sobre a mesa a vella demanda da enfermeira de centros educativos. Pais e colexios reclaman a necesidade de contar cun sanitario nas aulas, unha demanda que o propio sector leva anos reclamando. Asunción Maus, vicesecretaria provincial de Satse, defende o papel da Enfermería nos centros: "Nós temos o coñecemento necesario, os profesores, non".

A demanda recuperou forza...

É que do mesmo xeito que ninguén pon en dúbida o papel da profesora no hospital, non se debería facer no caso da enfermera nun colexio.Cada un ten o seu ámbito, os profesores non son sanitarios.

É unha petición histórica.

Levanos anos reivindicando a figura da enfermeira en Educación, tanto dende a plataforma estatal como dende os colexios de Enfermería, así como dende fóra do ámbito meramente sanitario. Anpas e sindicatos de profesores tamén o teñen demandado. 

Que papel levaría a cabo unha enfermeira nun colexio?

Vai máis alá da enfermeira que vai facer unha cura no xeonllo despois dunha caída. A enfermeira encargaríase de fomentar hábitos de vida saudables, de tratar a educación sexual, de manter controlados aqueles rapaces diabéticos, celíacos... Estas enfermidades esixen un certo coñecemento das patoloxías que un profesor non ten. Hai estudos que confirman que a inclusión desta figura tería consecuencias económicas, xa que habería menor absentismo dos pais nos seus postos de traballo, os fillos terían mellores coidados.

No novo curso, cada colexio estará vinculado a un centro sanitario.

Os centros de saúde están nestes momentos recargados de traballo, e apenas teñen atención física. Nos hospitais normalizouse a actividade, pero nos centros de saúde mantense telemática porque así é máis fácil, pódese atender a máis xente. Pero repercute na asistencia sanitaria, claro.

Cre que a volta ás aulas é segura?

Non hai normas claras, non se sabe que vai pasar, a Xunta está pedíndolle ao Goberno solucións, pero querían competencias... Viase vir que en agosto ían crecer os casos, temos sorte de que hai poucos pacientes ingresados e que o hospital vai respirando. Pero volverá pasar o mesmo, e falta persoal especializado para atender a UCI.

Te puede interesar