A Aula Newton duplica a súa oferta educativa

Instalacións da Aula Newton na Tecnópole.
photo_camera Instalacións da Aula Newton na Tecnópole.

A Aula Newton de Galicia, ubicada no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), abriu onte o prazo de reservas para os colexios e institutos que queiran acudir durante este curso, o segundo no que se ofrece esta experiencia a nenos que cursen dende 2º da ESO ata 1º de Bacharelato. Como novidade deste ano, a Tecnópole duplica a a oferta desta experiencia formativa, que estará accesible os xoves e os venres (o curso pasado abría só os venres) de 10,00 a 13,00 horas.

Esta aula de aprendizaxe de ciencias tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas ten como obxectivo promover as carreiras científicas e tecnolóxicas entre a mocidade, cun enfoque máis práctico. Deste xeito, os centros educativos poden inscribirse de xeito gratuíto na primeira quenda (que vai de outubro a decembro).

Os participantes terán a oportunidade de iniciarse no mundo da aviación a través do módulo “Voamos con números: unha aventura aérea”. A Aula Newton pasará a contar este curso con catro simuladores de voo -ata o de agora eran tres-, o que permitirá que un maior número de rapaces gocen desta experiencia.

Te puede interesar