MINUTO DE SILENCIO

Concentración en repulsa do dobre asasinato de forestais en Lleida

20170123_concentracionourense1
photo_camera Os axentes forestais concentrados esta mañán, 23 de xaneiro.

A Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia reivindica garantías de protección e defensa para este colectivo profesional

A Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia (APRAFOGA) informa de que os integrantes deste colectivo profesional amosan a súa absoluta condena e repulsa ao asasinato de dous compañeiros sucedido esta fin de semana en Aspa (Lleida).

A tal efecto, esta mañá, 23 de xaneiro, desenvolvéronse concentracións de rexeitamento ante as sedes de varios distritos forestais de toda Galicia, ao igual que en numerosos lugares de traballo de toda España. Durante estes actos, gardáronse cinco minutos de silencio como repulsa a uns feitos tan graves e como homenaxe aos dous compañeiros, ademais de expresar as condolencias ás súas familias e amizades.

APRAFOGA reitera a necesidade de establecer medidas que lles permitan aos axentes forestais e medioambientais garantir a súa propia protección e defensa durante o desenvolvemento das súas tarefas. Trátase dunha reivindicación inaprazable que esta asociación leva defendido en todos os foros dos que forma parte desde a súa creación.

Te puede interesar