Baltar esixirá un reparto “limpo” dos fondos da UE

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, viaxará a vindeira semana a Bruselas “para reividincar un reparto xusto e transparente dos fondos europeos de reconstrución por parte do Goberno de España”, que debe distribuír 140.000 millóns de euros -70.000 en axudas directas- entre os anos 2021 e 2026. Así o explica unha nota da institución na que se indica que Baltar aprecia “unha fonda preocupación nos gobernos locais ourensáns polos procedementos, pola xestión e polo destino destes fondos. Isto é algo obvio, que observo tanto coma presidente de Partenalia -a asociación europea de gobernos provinciais- como coma presidente da Deputación de Ourense”. 

Baltar estará acompañado doutros representantes institucionais, coma o alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida; o rexedor de Córdoba, José María Bellido ou o de Zaragoza, Jorge Azcón e pedirá diante do Parlamento Europeo, á comisaria de Despoboación ou ao Comité das Rexións, que o Goberno central modifique o seu comportamento no reparto.

Te puede interesar