Baltar, Etcheverría e Escotet analizaron os programas de colaboración entre Diputación e Abanca

Entre outros proxectos,  estudaron o desenrolo do Plan “Activamos – Transforma Ourense”, que pon a disposición de familias, autónomos, empresas e corporacións locais 37 millóns para afrontar novos proxectos e contribuír á mellora socio-económica da provincia

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu esta tarde no seu despacho do Pazo Provincial ao presidente e vicepresidente de Abanca, Javier Etcheverría, e Juan Carlos Escotet, respectivamente, acompañados polo CEO da entidade, Francisco Botas, polo director territorial de Abanca en Ourense, Rubén Saavedra, e polo conselleiro de Abanca Pedro López.

Na reunión, o presidente do goberno provincial e os directivos da entidade bancaria analizaron os programas de colaboración que desenvolven na actualidade as dúas entidades na provincia de Ourense, entre os que destaca o Plan “Activamos – Transforma Ourense”, que pon a disposición de familias, autónomos, empresas e corporacións locais 37 millóns para afrontar novos proxectos e contribuír á mellora socio-económica da provincia de Ourense.

Na xuntanza, tamén analizaron temas referidos á innovación tecnolóxica e ao proxecto “Provincia Intelixente”, creado por Manuel Baltar, e que ten como finalidade impulsar en todo o territorio provincial “unha auténtica rede, coa tecnoloxía como aliada, que permita unha eficiencia modélica en competencias municipais que exercemos vía delegación, como poden ser a recollida de residuos, a xestión da auga ou a tele-asistencia, entre outros ámbitos de xestión”, expresou o presidente provincial. 

Te puede interesar