POKEMON

Baltar: “Quedei de pedra pero estou resistindo e tranquilo”

O expresidente da Diputación, imputado por suborno na Pokemon, negou recibir regalos ou cartos

"Resistindo". Así é como se atopaba onte, segundo as súas propias palabras, o expresidente da Deputación de Ourense e do PP provincial, Xosé Luis Baltar, tras coñecer a súa imputación por suborno no sumario da Operación Pokemon. Baltar Pumar, ó que a xuiza Pilar de Lara imputa por ter recibido presuntamente 6.000 euros do Grupo Vendex para unha campaña electoral, nega contacto algún coa empresa. "Agora que me retirei, non saio dos periódicos, vou ter que voltar á política", ironizou o expresidente, que non acudirá o día 30 a prestar declaración ante a xuiza porque ten outra causa pendente ese día na cidade das Burgas.

Como está tras coñecer esta imputación no caso Pokemon?
Resistindo. Estou tranquilo, teño unha tranquiliade absoluta porque non teño nada que ver con Vendex; pero quedei de pedra, eu estaba tranquilamente á marxe deste caso e non podo entender por que se me imputa.

Pero vostede recibiu regalos ou cartos da empresa Vendex?
Nunca, xamais. Non tiven contacto ningún con ese grupo, e Vendex nunca veu pola Deputación nin a falar comigo nin tampouco a interesarse por xestionar algunhas das contratacións da Deputación.

De onde sae entón que se lle acuse agora de recibir 6.000 euros?
Creo que como fixeron outro rexistro nas súas oficinas, ao mellor atoparon algunha nota. Pero todo ten que ser un erro porque Vendex nunca falou comigo e nunca se presentaron á servicios relacionados co seu traballo de concesionarios de limpeza. Xa me estranou que hai algún tempo se dixera que me regalaron un reloxio; non hai nada diso. Non os coñezo de nada.

Cando vai declarar finalmente ante Pilar de Lara?
Non o sei. Recibín hoxe (por onte) a citación, pero xa o meu abogado lle enviou un escrito comunicándolle que non poderei acudir o día 30. Esperarei a ter a nova citación para acudir e saber por que e con que se me imputa.

Te puede interesar