OBRAS CHOU

Baltar: "É a obra máis importante da sanidade pública en Ourense"

Unha vez rematadas as obras de ampliación de Complexo, o centro terá capacidade para 930 camas, 116 máis cas actuais.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar visitou, xunto ao alclade da cidade, aos consellleiros de Sanidade e ao presidente do Parlamento, as obras de urbanización dos novos accesos ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Unha visita na Baltar dixo que "hoxe certificamos unha vez más a cooperación entre administracións, cun obxetivo común, e neste sentido, as administracións públicas deben poñer todo da súa parte para que as políticas sanitarias sexan as mellores posibles".

Unhas obras nas que a Deputación inviste preto dun millón de euros e que se integra no proxecto de ampliación do hospital. Estes novos accesos, cun orzamento superior ao millón e medio de euros conectarán as rúas Nosa Señora da Saínza e Cruceiro Quebrado e permitirá acceder á zona ampliada do hospital.

O orzamento da obra de ampliación do hospital é de 41 millóns de euros. O edificio terá sete plantas e contarán con 14 unidades.  Unha vez rematado o Complexo terá unha capacidade máxima de 930 camas, 116 máis cas actuais.

Te puede interesar