Baltar visita en Cachamuíña os terreos onde se construirá o “Parque da Igualdade”

photo_camera Luis Menor, Manuel Baltar y Luz Doporto.
O espazo rendirá homenaxe ás vítimas da violencia de xénero

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe no encoro de Cachamuíña os terreos onde se construirá o denominado “Parque da Igualdade”, un espazo que prevé abrirse ao público no primeiro semestre de 2021 e que renderá homenaxe ás vítimas das violencia de xénero, ofrecendo aos visitantes “unha experiencia emocional percorrendo esta contorna natural do municipio de Pereiro de Aguiar”, afirma Baltar.

O presidente do goberno provincial, quen estivo acompañado polo alcalde de Pereiro, Luis Menor, e pola deputada provincial de Reto Demográfico, Luz Doporto, afirma que o proxecto do Parque da Igualdade, impulsado pola Deputación de Ourense, “forma parte das iniciativas que promove o goberno provincial na liña de desenvolver políticas de sensibilización fronte á violencia machista, creando conciencia social diante desta lacra que afecta á poboación”.

Te puede interesar