Medio Ambiente

Barbadás crea unha web sobre xestión de residuos

Victoria Morenza, Xosé Carlos Valcárcel e Rafael Sierra (Miguel García).
photo_camera Victoria Morenza, Xosé Carlos Valcárcel e Rafael Sierra (Miguel García).

O Concello de Barbadás quere implicar a cidadanía no coidado do medio ambiente e lanza unha páxina interactiva para ofrecer información sobre a xestión dos residuos, desde a recollida ata o tratamento en planta. Nesta web, a veciñanza poderá coñecer a ubicación dos contedores, as contías da recollida selectiva en quilos, equivalencias de hábitos saudables ou os procesos que seguen os residuos. Tamén pode coñecerse cal é o resultado da colaboración da veciñanza, que  información de referencia pode consultar, como poden comunicarse co Concello ou a normativa vixente. A presentación fíxose onte, aproveitando o mes do Medio Ambiente, nun acto no que estiveron o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel; a concelleira de Servizos Públicos, Victoria Morenza, e o edil de Medio Ambiente, Rafael Sierra. 

Valcárcel explicou que a ferramenta nace para “converterse nunha fonte de información e entretemento, pero sen esquecer motivo fundamental, o coidado do medio ambiente e a mellora da xestión dos residuos para  ser unha administración máis eficiente”.  

En 2020, recolléronse 3,59 millóns de quilos no contedor verde,  en tanto que a recollida selectiva de envases e plástico foi de 169.860. A recollida selectiva do contedor amarelo supuxo un 32,44 %; o vidro, un 31,24 %; os residuos voluminosos. p 10,24 %; a roupa usada. 4,8 %; o aceite vexetal, un 1,19 %, e os tapóns solidarios un 0,15 %.

Te puede interesar