entroido

Barbadás lanza xa o seu concurso para elixir o cartel do Entroido

o vencedor será a imaxe da festa máis tradicional do concello, ademais de recibir un premio de 500 euros

Xa se respiran aires de Entroido na área metropolitana. O Concello de Barbadás vén de convocar o concurso para os carteis do Entroido de 2019, na que os candidatos deberán reflexar o sentimento do entroido deste municipio en todas as súas facetas. A data límite para a presentación é o 18 de xaneiro.

De todos os traballos presentados, seleccionarase un como  gañador, que será o que apareza na cartelería do vindeiro Entroido. O xurado estará composto pola concelleira de Cultura, unha persoa  da área de Cultura e mais un responsable de asociacións culturais do concello. 

O gañador terá un premio de 500 euros en metálico, ademais da edición do cartel seleccionado, que pasará a ser propiedade do Concello de Barbadás. 

As obras levarán como único texto: "Gran foliada de Entroido 2019", e o tema será de libre elección, reflectindo, iso si, algunha faceta do entroido barbadés. Os traballos terán que ser orixinais e cada participante ou colectivo só poderá presentar un único traballo. O formato único será vertical con tamaño 50x70 e non se recollen límites de tintas ou técnicas. 

Os traballos terán como identificación un lema, que será escrito na parte exterior dun sobre pechado. 

Te puede interesar