Preséntase a novela que gañou o premio Blanco Amor

Fran Alonso,César Lorenzo, Sara Vila e César Fernández.
photo_camera Fran Alonso,César Lorenzo, Sara Vila e César Fernández.
Sara Vila, gañou o Premio Eduardo Blanco Amor no ano 2023

A xornalista e escritora pontevedresa Sara Vila Alonso presentou onte no Pazo Provincial a edición impresa da novela gañadora do XLII Premio Blanco Amor. A obra, que leva por título “O incendio”, conta a historia do rural desde unha perspectiva realista a través da cultura do lume.

“Trátase do premio máis senlleiro da literatura galega. Sara Vila xa forma parte dese gran elenco de escritores da literatura galega”, sinalou César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación. Pola súa banda, a autora explicou que á hora de escribir a súa obra “empreguei a voz dunha meniña que está a medrar nun momento tan concreto como é a adolescencia, marcada polo feito de ser muller e de estar en contacto con persoas doutras xeracións”.

O premio, dotado con 15.000 euros e unha peza de escultura de Acisclo Manzano, está organizado pola Deputación de Ourense en colaboración coa Fundación Eduardo Blanco Amor. 

Te puede interesar