CULTURA

Basallo: "As ferramentas do aserradeiro do meu pai eran xoguetes para min"

635819021123126932w
photo_camera El escultor Ignacio Basallo, durante la sesión extraordinaria pública de su ingreso como académico numerario de la Real Academia Galega de Belas Artes.

Ignacio Basallo ingresou na Real Academia Galega de Belas Artes 

O cheiro a piñeiro do aserradoiro ou os tirachancos que lle facía o seu pai con ramas de sabugueiros son algúns dos recordos que permanecen intactos na memoria do escultor ourensán Ignacio Basallo. O artista ingresou onte con 63 anos na Real Academia Galega de Belas Artes cun discurso que levaba como título "Psicofonías do vivido", no que evocaba a súa infancia. 

O acto tivo lugar no Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo e contou coa presenza do presidente da Academia, Manuel Quintas, do seu secretario, Felipe Senén, da académica María Victoria Carballo-Calero, do bibliotecario Antonio Rodríguez Colmenero e do tesoureiro da institución, Miguel Fernández Cid. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Educación, Belén Iglesias, tamén acompañaron a Basallo durante a lectura do seu discurso. Quen tampouco se quixo perder este momento foi Manuel Doval, deputado provincial de Cultura. 

No seu discurso de ingreso, Basallo adicou unhas emotivas palabras aos seus compañeiros de profesión. Foi o caso do escultor Mon Vasco ou de Luis Borrajo, có que tivo encontros e desencontros pero que "no fondo apreciábamonos profundamente. Bótase en falta", dixo. Tamén adicou unhas palabras a Castor Lata Montoiro, "quen defendeu a voz da escultura na Academia durante máis de 30 anos", dixo. 

As lembranzas foron o eixo temático da súa intervención, na que non presumiu dos seus traballos con máis proxección. Tivo que ser Victoria Carballo-Calero a que, en resposta ao seu discurso, fixese un percorrido polos seus méritos, que o fan merecedor para recibir a medalla número 17 cubrindo o posto do compostelán Cástor Lata. Unha das habilidades que mellor definen ao escultor ourensán é a súa memoria fotográfica. "El utiliza moito a cámara fotográfica chegando a servirse dunha imaxe visual dunha idea no proceso de creación", destacou Carballo. A académica está dacordo con Basallo nos factores que influen a hora de interpretar o significado dunha escultura, "que depende da información que cada un acumula", explicou. 

O ASERRADEiRO DO SEU PAI

Basallo débelle parte da súa exitosa carreira escultórica ao seu pai, grazas a quen coñeceu algunhas das técnicas que despois empregaría nos seus traballos. "As ferramentas do meu pai eran xoguetes para min", lembrou Basallo. O seu proxenitor foi zapateiro e traballou tamén na fábrica do "Catalán", lugar que influiu na súa obra como escultor. Basallo comparitu cós alí presentes algunhas das súas vivenzas de cativo. Como os días nos que o seu pai traía do traballo un saquete de serraduras de piñeiro. "Có tempo fixen unhas esculturas de tea recheas de serraduras imitando aquel recordo dos saquetes", explicaba. 

Con 12 anos foi vivir á fabrica. "Alí foi onde atopei un inmenso espazo a miña disposción" xa que ao rematar os obreiros de traballar, tíñao para el só as tres naves, impregnadas dun forte cheiro a piñeiro. O escultor tamén adicou un capítulo do seu discurso a súa nai, quen se preocupaba pola súa formación en Maxisterio, que non chegou a concluir. "O de estudar require predisposición pero se un é distraído e disperso, a dificultade por ese camiño é maior", dixo

Con estas palabras, Basallo pasaba a formar parte da institución como académico de número electo. O seu ingreso suporá novos aires para a Academia. Así llo fixo saber Manuel Quintas tras darlle o diploma e medalla. "O teu traballo sólido e eficaz enriquecerán a nosa institución nun proxecto ao servizo de potencia o noso patrimomio", destacou. 

Te puede interesar