POLÍTICA

O BNG, co reto de “ser a voz galega" no Congreso

PAZ
photo_camera La portavoz nacional del BNG, Ana Pontón, con la cabeza de lista, Noa Presas, y otros miembros de la candidatura.

A portavoz nacional, Ana Pontón, arropa aos candidatos ourensáns

"Con ilusión, compromiso e ganas de traballar", así afronta Noa Presas, cabeza de lista do BNG pola provincia de Ourense, a repetición das Eleccións Xerais, nas que a formación nacionalista busca unha segunda oportunidade para colarse no Congreso e "ser a voz de Galicia" na política estatal.

A portavoz nacional do BNG, arropou ós candidatos da provincia na súa presentación no claustro de San Francisco, unha lista renovada do número dous ao catro, onde aparecen o tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo (2); o rexedor de Allariz, Francisco García (4); e a militante Raquel Vázquez (3).
Pontón mostrou o seu "convencemento" de que Galicia "necesita representantes que den a cara polo país", criticando o traballo dos deputados galegos elixidos o 20-D que deixaron "mudo" o país.

Por outra parte, Noa Presas indicou que Ourense "non pode agardar máis unha praga de miseria e pobreza que ocasiona o proceso de despoboamento na provincia", marcándose o reto de "solucionar os problemas reais da xente".

Pontón e Presas aproveitaron tamén para achegarse ata as obras do centro de saúde da Valenzá, en Barbadás. A portavoz nacional apoiou a demanda do Concello de pedir ó Sergas uns mellores accesos.

Te puede interesar