O Bloque urxe reactivar o plan do bus metropolitano

Seara e Presas, onte.
photo_camera Seara e Presas, onte.

O BNG anunciou onte ao carón do intercambiador de autobuses situado na parte posterior da Alameda a presentación dunha batería de iniciativas a todos os niveis institucionais e vinculadas coa situación na que se atopa o transporte público en Ourense e nomeadamente co que ten que ver co transporte metropolitano. A deputada Noa Presas lembrou que “hai practicamente un ano celebrábase a primeira reunión entre Rueda e Jácome”, e engadía, “non se avanzou en nin un só dos compromisos sinalados, que xa eran repeticións de cuestións pendentes desde hai anos”. 

Os nacionalistas anunciaron o impulso dunha batería de iniciativas no Parlamento, no Concello e na Deputación para desbloquear esta situación. Pola súa banda, o Portavoz municipal Luís Seara fixo fincapé en que “a desidia da Xunta e ter un Goberno Local sen rumbo impediu que o bus metropolitano sexa unha realidade”.

Te puede interesar