O BNG aboga polo cambio ‘nacionalista de esquerdas’

Susana García, que encabeza a candidatura BNG-Asembleas Abertas na cidade de Ourense, apuntou na presentación onte desta candidatura ás próximas eleccións municipais, no entorno das Burgas, que os nacionalistas encaran este proceso coa máxima ilusión “convencidos de que podemos seguir achegando moito para construírmos entre todas e todos un concello mellor para as persoas e convencidos de que, nestes meses que temos por diante, seremos capaces de que moitos veciños camiñen connosco neste proceso de cambio nacionalista de esquerdas”.

García estivo acompañada polos membros da candidatura (Fabián Freixedo, Ruth Reza, Xosé Lois Freire, Xosé Lois Seara e Noa Presas nos primeiros postos) e polo portavoz nacional da formación, Xavier Vence, que defendeu que “temos un compromiso ético insobornábel coa xestión pública, algo que non pode dicir o PP nesta provincia”, e amosouse convencido de que estas eleccións serán un punto de inflexión e os cidadáns apoiarán ó BNG.

Te puede interesar