O BNG celanovés critica a falta de iniciativas nas comisións e plenos

O grupo municipal do BNG de Celanova critica a falta de iniciativas por parte do grupo de goberno que lidera o 'popular' José Luis Ferro, como alcalde de Celanova.
'Despois de dous meses sen pleno ordinario, o alcalde de Celanova convocou unicamente unha comisión informativa', sinalan dende o BNG, das seis que están constituídas no concello: Contas, Economía, Facenda e Réxime Interior; Obras, servizos e medio rural; Medio Ambiente, Limpeza, parques e xardíns e protección Civil; Traballo, Muller, Familia, xuventude e actividades recreativas; Cultura, Turismo, Educación, Sanidade e Festas.

Esta última (Cultura, Turismo, Educación, Sanidade e Festas) foi convocada para ratificar os festivos locais que, como todos os anos son o 1 de marzo (San Rosendo) e o 16 de agosto (Festividade de San Roque). 'Unha comisión que durou pouco máis de 10 minutos e que por parte do equipo de goberno non ten ningún contido nin obxectivo', aseguran dende o BNG.

O portavoz do BNG no Concello, Leopoldo Rodríguez, propúxolles aos membros desta comisión dotar de maior contido as festividades locais contando coa colaboración e opinión da Asociación de Comerciantes



PLENO SIN CONTENIDO

'Vista esta actuación cremos que esta vai ser a única iniciativa que presente o PP no pleno de setembro, despois de dous meses, o que pon de manifesto que o goberno que preside José Luis Ferro segue a practicar o inmobilismo, a falta de ideas para un concello tan necesitado como é Celanova', critica o BNG.

Os nacionalistas critican que non poden apoiar 'iniciativas que vaian en beneficio do concello e da veciñanza, veñan de onde veñan, cando non as hai e polo que estamos a ver, estas non van vir do Partido Popular de Celanova nin do seu grupo de goberno', aseguran.

Te puede interesar