O BNG celebra o 25-X como “a alternativa de goberno"

OURENSE (PARQUE BARBAÑA). 25/07/2020. OURENSE. Acto del BNG en el Día da Patria Galega 25 Xullo. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Noa Presas protagonizou o acto que se celebrou no Parque Barbaña. FOTO: ÓSCAR PINAL

El BNG celebrou o Día da Patria Galega nun acto que reunió telemáticamente aos militantes e simpatizantes das sete cidades galegas.  En Ourense, o acto celebrouse no Parque Barbaña e estivo protagonizado pola parlamentaria Noa Presas, o voceiro municipal, Luis Seara, e Stella González, de Galiza Nova.  

Noa Presas recalcou na súa intervención la importancia desta data. "Este 25 de xullo é moi especial e o recordaremos toda a vida. Primeiro, polo coronavirus que nos obligou a reinventarnos e a ter que descentralizar por primeira vez esta celebración. E en segundo lugar, temos tamén o festexo do centenario do que foi o alento e a chama para o 25 de xullo tal e como o concibimos hoxe, iniciado polas Irmandades da Fala". 

O BNG quixo recoñecer a importancia dos resultados acadados o 12 de xullo: "As eleccións déixanos a insatisfacción de que o PP segue gobernando. Pero non podemos desmerecer este resultado electoral que é histórico para o nacionalismo galego e que vén despois dunha década que foi moi complexa e que necesitou dun debate interno", resumiu Presas, que sinalou que "o nacionalismo galego ten agora a responsabilidade de estar diante de todos os posíbeis retrocesos que xa comezaron”. Mentras, Luis Seara invitou a sumarse "a todas aquelas persoas que teñen a Galiza no corazón ao proxecto do BNG”.

Te puede interesar