O BNG cifra en “millóns de euros” os danos polas riadas

undefined
photo_camera Iago Tabarés, deputado no Parlamento de Galicia, e Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG en Ourense.
Os nacionalistas aseguraron que “non se obtivo resposta algunha por parte das administracións”

O Bloque Nacionalista Galego solicitará un acordo no vindeiro pleno provincial para demandar á Confederacións Hidrográfica Miño Sil  e á do Douro a colaboración para a financiación ou execución das obras pertinentes encamiñadas a restaurar e reparar os danos nas infraestruturas públicas dos concellos afectados pola riadas. Á primeira tamén se lle pedirá o acondicionamento dos ríos baixo a súa xestión co fin de previr, no posible, futuras riadas, procedendo á limpeza de sedimentos, maleza, e axendado traballos periódicos que eviten a “acumulación descontrolada” destes elementos no cauce dos ríos. Así o anunciaron este xoves o voceiro do Grupo provincial do BNG, Bernardo Varela, e o deputado no Parlamento de Galicia, Iago Tabarés, que compareceron nunha rolda de prensa celebrada en Ourense. 

Os nacionalistas aseguraron que “as infraestruturas afectadas supoñen millóns de euros en danos” e que, ata o momento, “non se obtivo resposta algunha por parte das administracións” e, a que si se obtivo, tratou “responsabilizar aos concellos”. O BNG pedirá incluir no mesmo acordo instar a todas as administracións supramunicipais “a que boten unha man e poñan fondos para a recuperación dunhas infraestruturas que son absolutamente necesarias nos concellos”. Neste senso, o voceiro provincial do BNG requerirá a colaboración das adminstracións estatal, galega e provincial a través de apoio financiero aos municipios, abrindo liñas de axudas para os concellos afectados e complementarios aos que poidan prestar entre as diferentes adminstracións.

Te puede interesar