O BNG completa a lista e ficha ao exlíder de OUeC

Martiño Xosé Vázquez e Luis Seara.
photo_camera Martiño Xosé Vázquez e Luis Seara.
Martiño Xosé Vázquez, que fora candidato da Marea en Ourense, concorre no posto 26 do BNG para "concentrar o voto" o 28M

O BNG ensancha a súa candidatura encabezada por Luis Seara e ficha para a lista do 28M na cidade a Martiño Xosé Vázquez, ex líder de Ourense en Común, que ocupará o posto 26, xeito simbólico e co obxectivo de “mobilizar e concentrar o voto”, segundo apuntou o que fora número un da marea local. O  BNG completou  os 27 titulares máis 10 suplentes, un equipo con que aspiran a “liderar” o futuro goberno local, “desde a humildade, pero con toda a ambición”, trala aprobación por asentimento da militancia. Seara cualifícaa  como “unha lista gañadora, integrada por persoas que representan perfectamente a realidade social de Ourense”. 

A lista incorpora a Martiño Xosé Vázquez, que foi concelleiro entre 2015 e 2019 -acadando 5.000 votos-  e candidato á alcaldía nas pasadas eleccións por Ourense en Común, cando acadou  2.000 apoios. Nesta ocasión, OUeC rexeitou presentarse, e o que fora o seu líder chama ao voto ao BNG: “Dividir o voto non funciona. O BNG é a lista homóloga e hai que concentrar o voto. Son municipalista e non quero que se tomen decisións alén das Burgas”.

Seara considera que coa integración do ex líder de OUeC “integramos a persoas que no pasado foron referenciais a nivel político e mandamos a mensaxe a ese electorado que ficou orfo, mais tamén ao resto da sociedade. O BNG é a casa común do nacionalismo e ten as portas abertas a todas aquelas persoas que poñen por diante os intereses de Galiza e de Ourense”.

Te puede interesar