O BNG demanda ó Goberno que abra xa o Museo Arqueolóxico de Ourense

Estado de las obras del Museo Arqueolóxico, ayer.
photo_camera Estado de las obras del Museo Arqueolóxico, ayer.
Las obras del Museo Arqueolóxico de Ourense, al 30% dos décadas después

O portavoz do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego, formulou varias preguntas ao Ministerio de Cultura “para demandarlle a posta en funcionamento do Museo Arqueolóxico de Ourense”, segundo trasladaron dende a formación. Rego pide información sobre “cando se van rematar as actuacións de rehabilitación arqueolóxica” e reclama “poñer fin aos retrasos que teñen bloqueada a apertura do Museo”.

Neste senso, Rego lembrou que “levamos vinte anos agardando á finalización do proxecto” do Complexo Cultural de San Francisco, con “dúas décadas de tramitacións e de obras que se demoran”. O Museo é o único edifico pendente de abrir “cunhas obras que ían acabar no 2022, mais agora fálase de 2024”. O deputado nacionalista considera que Ourense “non pode permitirse continuar agardando” e insta a abrilo “canto antes” para o desfrute da cidade e como “impulso do turismo”.

Te puede interesar