O BNG desminte as declaracións do presidente da Deputación

O partido nacionalista sinalou que "non só non nos desculpamos co señor Baltar, senón que faremos o posíbel porque o Partido Popular non consiga enterrar unha cuestión tan grave"

A Executiva Nacional do BNG "así como a totalidade dos cargos orgánicos e institucionais de Ourense" negan "as calumnias difundidas por José Manuel Baltar, quen nun novo exercicio de hipocrisía, afirma ter recibido desculpas de cargos da nosa organización tras coñecer o arquivo da fiscalía no referente á denuncia na que se lle acusa de ter intercambiado sexo por traballo usando as institucións".

O partido nacionalista sinalou que "non só non nos desculpamos co señor Baltar, senón que faremos o posíbel porque o Partido Popular non consiga enterrar unha cuestión tan grave e seguiremos pedindo a súa dimisión inmediata na rúa e nas institucións, así como exixir ao presidente da Xunta e do Estado que interveñan".

Te puede interesar