Transporte

O BNG lamenta a falta de servizos ferroviarios

Seara, Presas, Varela e Tabarés, onte en roda de prensa.
photo_camera Seara, Presas, Varela e Tabarés, onte en roda de prensa.
Noa Presas lamenta a falta de seguridade: "En ningún outro lugar do estado hai un peche de vías por incidentes cada semana"

O BNG alertou onte de que o Goberno emprega a covid como "escusa" e "coartada" para non contratar persoal e seguir co desmantelamento de servizos ferroviarios en Ourense. Así o puxeron de manifesto Noa Presas e Iago Tabarés, parlamentarios nacionalistas, acompañados do deputado provincial, Bernardo Varela, e o voceiro na cidade, Luis Seara.

Presas mostrou a súa preocupación pola falla de seguridade nas vías e os novos derrubes por falta de vixilancia e mantemento das liñas, moi especialmente na liña do Miño e tamén na liña Ourense-Santiago. "No que vai de ano xa houbo seis incidentes nas vías galegas por taludes e derrubes", indicou. Para a nacionalista, isto é "gravísimo" , xa que "en ningún outro lugar do Estado hai un incidente cada semana que derive no peche de vías". Insistiu na necesidade de facer auditorías para "garantir a seguridade e investir o que sexa necesario antes de lamentar danos humanos". 

Tamén criticou que non se reanuden as liñas suspendidas "coa desculpa da covid". "Seguimos sen Avant das 6,45 horas nin previsión de recuperación". Tamén alertou da "falta de persoal" ao non cubrirse as xubilacións. Presas adiantou que "desde 2019 canceláronse máis de 130 trens por falta de persoal nas liñas a Lugo, Santiago e Vigo". O BNG reclama un tren de mercancías, un aumento de liñas e rebaixa de prezos. 

Te puede interesar