O BNG levará ao Parlamento de Galicia as obras da rúa da Granxa de Ourense

Unha das obras da Granxa
photo_camera Unha das obras da Granxa
O grupo municipal nacionalista cree que as obras que se están executando na rúa da Granxa de Ourense "non responde ás necesidades da veciñanza"

O BNG pedirá explicacións á Xunta polas obras que se están a executar na rúa da Granxa, polo malestar causado entre a veciñanza tanto  polos materiais empregados como polos acabados das mesmas. O grupo municipal nacionalista desprazouse este martes alí logo de recibir numerosas queixas. As principais reivindicacións veciñais veñen dadas polos materiais empregados nas obras, nas que se están substituíndo tramos de beirarrúa que contaban con baldosa por outras de formigón. Ademais a veciñanza amósase descontenta co resultado final das obras.

O portavoz municipal do BNG, Luís Seara, comprometeuse a trasladar as súas reivindicacións á Xunta a través do Parlamento. Seara comparte as reclamacións veciñais pois entende que “o que reclaman é absolutamente coherente”, e engade, “as obras que se están executando non responden ás necesidades da veciñanza”. 

Te puede interesar