política

O BNG vese a “solución" ante un “bipartidismo causa do atraso"

Ana Pontón eloxia a traxectoria de Francisco García e empúxao ó Congreso: "Non estará calado"

O BNG encara a repetición electoral con ilusións renovadas e convencido de que existe a oportunidade de ter representación no Congreso. A formación nacionalista, encabezada pola súa voceira nacional, Ana Pontón, presentou onte a candidatura encabezada polo exalcalde de Allariz, Francisco García, "un gran coñecedor do municipalismo e un aval de experiencia", como dixo o portavoz no Concello de Ourense, Luis Seara.

Nun proceso considerado un "déja vú electoral", Pontón entende que "non pode seguir o ninguneo" a Galicia a partir do 10 de novembro, chamando "deputados inútiles" a aqueles elixidos na Comunidade Autonóma o 28 de abril. A líder do BNG congratulouse dunha "candidatura potente e implicada para conseguir un paso adiante para Ourense e Galicia".

Gran parte das intervencións estivieron dirixidas a posicionar ó BNG como alternativa ó bipartidismo. "Non teñen nada que ofrecer e en Ourense exemplifícase, polo que é o momento de apostar por ter peso político", subliñou Pontón, que se refiriu a Francisco García como alguén que "non irá a Madrid para estar calado, senón a defender un futuro para esta provincia".

O cabeza de lista, que toma o testigo de Iago Tabarés, falou de PP e PSOE "como causa de atraso" e se refiriu á súa formación "como a solución para a decadencia", garantindo "ilusión, entusiasmo e gañas de facer valer un programa pensado para os problemas de Ourense", buscando "romper dinámicas" entre as que citou o proxecto de rehabilitación do Museo Arqueolóxico, as infraestruturas paradas ou o complexo cultural de San Francisco.

Tanto García como Pontón valoraron moi positivamente a confluencia para este proceso electoral con Compromiso por Galicia, "que fará máis visible a candidatura como unha de país", apuntou García, na liña de Ana Pontón, que subliñou que "estamos sumando e dando unha alternativa diferente nun momento en que sabemos que hai moita decepción e cansazo, cando a noticia soe ser que reina a división".

Ambos lembraron que territorios como o País Vasco, Cataluña ou Canarias, con forzas nacionalistas no Congreso, teñen unha importante capacidade de influencia nos gobernos. Entre os temas nos que o BNG quere influír, están a rebaixa das peaxes, "rematar co tarifazo no tren", lembrando que os ourensáns pagan un 60% máis que os viaxeiros do corredor atlántico, ou o "expolio enerxético", referíndose a "uns encoros que non deixan beneficios". 

Te puede interesar