A bolboretiña do día: Cousa do Sáhara

wordcloud

Anosa gheada facilítanos a pronuncia de moitos haches do inglés -hand, holidays, how...- e fixo que moitos galegos asimilasen a iota do castelán que non tiñan a este son que si, e dicían castelanizadamente, "Ghose", "gheneral", "psicologhía", etc. 

Pois ben, non debemos usalo nos haches toponímicos ou doutras palabras integradas desde o inglés. Así, Hawai, Sáhara, hóckey, deberiamos lelos só con fonemas do noso repertorio e pronunciar como fan os portugueses, algo así como "Aguai, Sáara, ókei". 

Por certo, antes de que impuxera a nova pronuncia, creo que anglófila, os vellos que foran á mili pronunciaban o deserto sen iota no medio, Saara, e mesmo había unha prenda de vestir, paleomoda militar, "sahariana", que pronuniciaban "saariana", sen iota. 

Inda que veñan por vías distintas, se non dicimos José, tampouco "Jaguai", nin "Sájara", nin "Joquei".

Te puede interesar