La Región

Caballero chama a repetir os bos resultados das xerais

O secretario do PSdeG respaldou a candidata de Castro Caldelas

Gonzalo Caballero y Sara Inés Vega -en el centro-, antes del mitin en Castro Caldelas.
Gonzalo Caballero y Sara Inés Vega -en el centro-, antes del mitin en Castro Caldelas.
Caballero chama a repetir os bos resultados das xerais

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, fixo un chamamento dende Castro Caldelas a aumentar o número de alcaldes socialistas en Galicia a partir do vindeiro día 26 e a reeditar o éxito das pasadas eleccións xerais en España e en Galicia. "É o anticipo do gran éxito municipal que imos ter", proclamou Gonzalo Caballero nun mitin no que estivo arroupando a Sara Inés Vega para seguir sendo alcaldesa, e no que presentou ao PSOE como "o único voto útil para poñer fin á dinastía Baltar" na Deputación de Ourense". O líder dos socialistas galegos reivindicou que "somos o partido da maioría" e a formación que ten loitado "por un país mellor e máis próspero". E, por iso, chamou a "non dar nin un paso atrás" fronte aos "riscos de involución" nos dereitos de todos e, fundamentalmente, de todas". 

En relación á candidata de Castro Caldelas, pediu o voto para "unha muller loitadora, capaz de traballar 24 horas ao día" polo seu concello, e que representa "a mellor opción" para este pobo. 

Sara Inés Vega sinalaba que "eu non quero nin ir á Deputación nin á Xunta, quero estar aquí", recalcou a rexedora. Ademais, denunciou a falta de apoio por parte tanto da Deputación como do Goberno galego, con exemplos como a negativa da Xunta a acometer as obras de arranxo do centro de saúde.

Fronte a isto, presentou un proxecto centrado en mellorar os servizos sociais e de aposta polo turismo na que é "unha das vilas máis bonitas de España" como xerador de actividade económica.