Unha cadea humana reclamará na Ponte romana a gratuidade dos libros de texto

Unha cadea humana baixo o lema ‘Préstame un libro de texto’ manifestará o seu apoio ó sistema de gratuidade dos libros de texto de cursos anteriores. A cita será o sábado na Ponte romana. A iniciativa parte da Plataforma Galega pola Gratuidade dos Libros de Texto.
A Plataforma Galega pola Gratuidade dos Libros de Texto concentrarase o próximo sábado 12 de decembro, a partir das 17.00 horas, na Ponte Romana da cidade, para reclamar o retorno ‘á gratuidade universal’ do anterior sistema de empréstito.

O obxectivo da convocatoria será formar unha cadea humana co lema ‘Préstame un libro de texto’, á que invitan a participar ‘a todas as familias’ que desexen ‘manifestar o seu apoio a este dereito fundamental xa consolidado’. Así mesmo, celebraranse contacontos destinados aos nenos que acudan á concentración, destinada a familias ‘de toda a provincia de Ourense’.

A plataforma galega que reclama a gratuidade dos libros que empregan os escolares xurdiu a raíz de decisión da Xunta de que só as familias con rentas baixas terían axudas para os manuais de texto (a razón de 180 eurosa de máximo por cada fillo).

O xerme de este colectivo está nun grupo de pais do Barbanza que decidieron aglutinar a tódalas aquelas familias que non están de acordo con ter que volver pagar polos libros.

O sistema actual que se implantará de forma progresiva cubre o coste total dos libros nas familias con ingresos anuais inferiores a 5.400 euros por persoa, mentras que cubre a mitade de custo en ingresos que oscilan entre os 5.400 e os 9.000 euros.


Te puede interesar