MANIOBRA ANTIRREGLAMENTARIA
Piden casi 7.000 euros al acusado de provocar el vuelco de un coche en Untes al adelantarlo
A miúdo adoitamos falar entre as compañeiras que, dentro da idiosincrasia de Galicia, cada concello é un mundo. Cada concello ten unhas características e unha historia propia que se perciben desde o primeiro día que chegamos co equipo de traballo de campo. E dentro da realidade de cada concello, aprécianse grandes diferenzas entre as parroquias e os diferentes que o integran.
Se continuamos a debullar esta realidade, tamén se pode afirmar que cada persoa é un mundo. Coas súas inquedanzas, motivacións e historias de vida. Este rural galego tamén está atravesado pola emigración, pola precariedade que viviron as persoas que agora son maiores e pola fortaleza coa que encararon as súas vidas, especialmente as mulleres. Son as mesmas que agora falan con preocupación do despoboamento do rural e da dificultade que a miúdo teñen para acceder a servizos básicos. Quizais éstes son algúns dos moitos motivos polos que as persoas maiores que integran o noso rural son tan acolledoras.
A pesar dunha case innata desconfianza inicial, axiña din: “Ai, neniña, pasa cara adentro”. Sempre insisten en que probemos os licores que elaboran, que quedemos a merendar ou que volvamos para coñecer a familia. Pode estar relacionado co sentimento de comunidade que impregna ás aldeas, enraizado no apoio mutuo.
Impresiona ver aldeas onde só residen dúas ou tres mulleres de máis de 80 anos que viven soas e ver como se coidan entre elas. Como se intercambian os produtos da horta ou se axudan cando algunha enferma. Porque as hortas son unhas das grandes motivacións das persoas maiores. Teñen un vínculo moi especial coa natureza que reflicten no cotián. Tamén adoitan enxalzar a sensación de liberdade que senten vivindo na aldea.
Curiosamente, algunhas persoas, especialmente as mulleres, tamén falan da liberación que sentiron ó chegar a unha idade avanzada. Falando cunha señora de Vilameá (Ramirás) de 89 anos, que estivera emigrada durante catro décadas en diferentes países de América, díxome: “Estiven calada toda a vida mais agora non me penso calar nada”, mentres rifaba co marido.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MANIOBRA ANTIRREGLAMENTARIA
Piden casi 7.000 euros al acusado de provocar el vuelco de un coche en Untes al adelantarlo
LOS MOTORES GANAN A LOS VECINOS
El parque móvil supera al padrón de vecinos en 71 municipios de los 92 municipios de Ourense
ESTRENO DE PARQUE MULTIAVENTURA
Parque Acuático de Monterrei 2026: nuevas atracciones, fechas y precios para este verano
MOVILIDAD INTERPROVINCIAL DIARIA
Ourense registra más de 38.000 desplazamientos al día hacia otras provincias
Lo último
GARRAPATAS EN OURENSE
Cómo evitar las picaduras de garrapata: prendas de manga larga y un repelente adecuado