O Campus acolle o IV Congreso Internacional da Auga en outubro

Facultad de Derecho en el campus de Ourense.
photo_camera Facultad de Derecho en el campus de Ourense.

A Facultade de Dereito organiza unha edición sobre as implicacións xurídicas deste recurso natural

O Congreso Internacional da Auga volve a Ourense os días 13 e 14 de outubro, nesta edición baixo o lema “Dereito e Auga no Horizonte 2030”. Esta cuarta rolda celebrarase na Facultade de Dereito ourensá. Entre a programación do proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus Auga está a realización cada dous anos dun congreso internacional co que fomentar a colaboración internacional entre persoal investigador arredor dos recursos hídricos e proxectar a visibilidade deste proxecto. Polo tanto, a iniciativa volve á palestra tras a pandemia. 

“Este congreso é unha das actividades referentes do noso Campus Auga. Cada edición está liderada por un centro do campus, sendo este ano Dereito o elixido. Cónstame que están facendo un traballo estupendo e estou segura de que vai ser todo un éxito”, comenta Esther de Blas, vicerreitora en funcións do campus de Ourense. A responsable académica amosa tamén o seu desexo de que “cando sexan as datas de celebración deste congreso poidamos tamén celebrar boas novas respecto á acreditación do Campus Auga como campus de especialización”, proceso actualmente en trámite.

Apoio da Deputación

O IV Congreso Internacional da Auga, que conta co apoio do Concello e a Deputación de Ourense, está nesta ocasión organizado pola Facultade de Dereito ourensá, cun comité organizador formado por 13 profesores do centro e un da Universidade Federal Fluminense de Brasil. A súa decana, Marta Fernández, salienta como obxectivo prioritario desta iniciativa “xerar e transferir coñecemento sobre aspectos significativos relacionados coa auga como recurso natural, a súa xestión e o seu uso sostible dende un punto de vista xurídico”.

Te puede interesar