O Campus de Ourense acolle un congreso internacional de patrimonio

A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acollerá os días 16, 17 e 18 de novembro o sexto Congreso Internacional Patrimonio Cultural Inmaterial e Educación, que ten por lema “Ponte entre escola e sociedade”. A temática elixida ten en conta que neste 2023 cúmprense 20 anos da aprobación da convención da Unesco de salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI). Durante as tres xornadas reflexionarase sobre os efectos da súa aplicación despois de dúas décadas de funcionamento e sobre a identificación, valoración, interpretación e dinamización deste patrimonio a través da educación. O congreso, que terá unha “perspectiva multidisciplinar pero cun enfoque moi educativo”, comezará o día 16 de novembro, coincidindo coa celebración do Día Internacional do Patrimonio Mundial.

A presentación do congreso celebrouse onte no pazo provincial de Ourense, acto no que participou o vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Cultura, César Fernández; o decano da Facultade de Educación e Traballo Social do campus, Xosé Manuel Cid; a directora xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Educación da Xunta, Mª del Carmen Martínez; o presidente da oenegué Ponte...nas ondas!, Santiago Veloso, e en representación da Universidade Trás-os-Montes e Alto Douro, Xerardo Pereiro.

Te puede interesar