Castrelo de Miño cumple 20 anos de celebración da Cea do Carme

A Asociación Cultural O Penedo da Forca, de Castrelo de Miño, organiza a 20ª edición da Cea do Carme, que reúne cada ano a numerosos veciños deste municipio e doutros próximos. A música e a gastronomía son os ingredientes esenciales desta xuntanza popular, que se celebra este ano o próximo día 14 de xullo, a partires das 22,00 horas, no campo da festa da localidade de Prado de Miño.
O programa inclúe este ano unha representación teatral a cargo do obradoiro de teatro deste Concello. Trátase dun grupo aproximado de 15 veciños de Castrelo de Miño, que porán en escea a obra 'Frai Piadoso, o vergonzoso', no mesmo campo da festa, ás 23,30 horas.

No que respecta á cea, os asistentes poden elexir entre dous menús, un de pulpo á feira por nove euros, e outro que ten como segundo prato a carne cocida, e que costa 11 euros, para elo xa poden adquirir os correspondentes tiques en distintos pobos do municipio.


VENTA

A asociación O Penedo da Forca, organizadora da Cea do Carme, confirma que os tiques para a comida están a venta ata o día 12 de xullo nos pobos de Prado de Miño (tenda da Julia), en Vide (Bar Ludeiro), en Oleiros (Mirador ó MIño), en Macendo (Bar Adán e Bar O Cuco), en Cortiñas (Bar Parque, Bar Novo e Bar Club Náutico) e en A Bouza (panadería).

Te puede interesar