EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
“Eu vin para a aldea a vivir / A vivir unha vida tranquila / E o único que eu quero caramba / Unha vida miña / Cansada do ruido dos autos / De sempre andar as presas / Prefiro plantar uns allos / Que traballar pa calqueira”, comeza a letra de “Nunha Aldea”, canción máis que significativa no repertorio de Catuxa Salom, unha artista que elixiu cambiar a cidade pola aldea en plena pandemia e que, post-pantemia, elixiu quedar por elección de vida. E de arte.
“Ahh ahh ahh como me doe o corpo / Se non bailo sempre / Ahh ahh ahh como me doe a alma / Se non teño tempo”, segue a canción. Porque as présas son moitas na cidade de Madrid e menos na Biofera do Río Eo, na provincia de Lugo.
Nacida Catalina en Vilagarcía, Pontevedra, en 1989, e convertida en Catuxa inspirada pola natureza e polas xentes do rural, esta música, actriz e socióloga presentará a súa fusión das suas raíces nativo-arxentinas e música en galego en la tercera edición de “Imos ter máis que palabras”, festival de arte e poesía explícita que terá lugar no Teatro Principal de Ourense o xoves 8 de setembro ás 21.
“A miña misión é que conectes, que bailes e que goces o ritmo dos tambores”, augura a responsable de ritmos tribais e cantos producidos na súa Loop Station para crear un universo sonoro que convida a viaxar por mundos oníricos.
A pandemia influíu moito nos artistas. No teu caso, fíxoche fuxir de Madrid cara a unha aldea de Lugo para dar vida ao que hoxe é a túa música. Como foi o proceso?
Levo case 10 anos na industria musical adicándome á música e a compoñer cancións. Coa pandemia o nóso sector veuse totalmente desamparado. Ó igual que a hostelería e moitos outros. Vivía en Madrid e cando chegou a pandemia tiven moito tempo para compoñer, estudar música e gravar no estudio que tiñamos na casa. Pero algo faiaba e non lle tiña fe as minas cancións. A través de Idealista cunhas amigas vimos un alquiler dunha casa en Galicia, nunha aldea. E sen ter nin idea de onde acabaríamos pero tendo mói claro que non queríamos seguir na cidade… alá fomos! E por sorte, saíu ben. A xente nos acolleu moito, e os lazos que estamos creando aquí son moi reais, porque se basan na cooperación. Estando aquí, empezaron a saír as cancions, fruto das vivencias no rural. E así nace Catuxa Salom.
Como definirías a túa música, teniendo en cuenta a confluencia dos teus xenes arxentinos e galegos?
Fusión de ritmos tribais latinoamericanos e folclore galego baixo un envoltorio electrónico.
Hai unha canción túa que se chama “Mulleres piratas” e fala de “mulleres que levan a loita na pel”. Se traemos a letra ao presente, que tanto se pode loitar desde a música para que a muller hoxe teña o sitio que lle corresponde?
Eu, persoalmente, son mais de actuar e non tanto de falar. Non teño un discurso “feminista” nin “políticamente correcto” pero creo que as miñas accións falan por si solas, porque así o vivo desde o corazón. Confío en que as miñas cancións, a posta en escena, traballar con mulleres músicas, directoras de arte, diseñadoras de vestuario, maquilladoras… son actitudes que sin decir nada, falan por si solas. Respondendo a túa pregunta: creo que a loita está en traballar con mulleres e persoas non binarias.
Como será a túa actuación en “Imos ter máis que palabras”?
Pois teño moitas ganas! Intuyo que será moi cálida e afectuosa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, domingo 21 de diciembre?