CHMS, Ourense e Coles invirten dous millóns en saneamento

Un convenio entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e os  concellos de Ourense e Coles van investir preto de 2.100.000 euros para mellorar o saneamento e o tratamento de augas resiuais. Segundo explica o alcalde de Coles, Manuel Rodríguez, “as fosas actuais non depuran nada”. O que isto provoca é que se está danando gravemente o río. A Confederación aportará o 80% do importe, Coles 220.000 euros, e o restante o Concello de Ourense.

Así, o que se busca con estos traballos é a eliminación da fosa de Sequeiros, “que afecta a unhas 500 vivendas”, bombeando estes residuos á rede de saneamento de Ourense, “que ten capacidade para depurar máis de 800.000 vivendas, polo que está perfectamente capacitada”. Rodríguez explica que esta é “a única forma de sanear o río, evitando os verquidos nunha zona que agora está impracticable e na que no pasado había bañistas”. n

Te puede interesar