CULTURA

A poeta ourensá Chus Pato é elixida académica da RAG

chus_pato_result
photo_camera A poeta María Xesús Pato Díaz ocupará a vacante que deixou o finado Xosé Fernández Ferreiro.

Ocupará a praza de membresía que deixou vacante o autor finado Xosé Fernández Ferreiro

O pleno da Real Academia Galega, na sección celebrada onte, elixiu académica numeraria á poeta ourensana María Xesús Pato Díaz (Ourense, 1955), máis coñecida como Chus Pato. A súa candidatura foi oficializada no pleno anterior para ocupar a vacante de Xosé Fernández Ferreiro, que faleceu o pasado 16 de decembro. Canda Pato, na mesma xuntanza, foi elixido académico correspondente Clodio González Pérez.

A traxectoria poética e artística de Chus Pato ten un arraigado compromiso de carácter ético coa condición feminina e co país. Considerada como unha voz renovadora, desenvolve unha labor rupturista cos modelos tradicionais nas súas creacións. A autora galega está considerada, segundo informan dende a Real Academia Galega, como unha das voces poéticas "máis vangardistas e persoais da literatura contemporánea dende os anos 80 do século pasado", recoñecida tanto en Galicia como alén das fronteiras do estado xa que a súa poesía conta con traduccións ao inglés, portugués, español, serbio, polaco, alemán italiano ou árabe clásico, entre outros, e está presente en antoloxías internacionais. 

Pato publicou os seus primeiros poemas no ano 1984 na revista "Escrita". Parte da súa obra pode lerse en distintas publicacións como a revista "Luzes de Galicia", "Festa da palabra silenciada", "Andaina", "Gume", "Dorna"... e libros colectivos e antoloxías. 

O primeiro libro de poemas desta autora titúlase "Ucrania", publicado no ano 1991 e ao que seguiron "Heloísa" (1994), "Fascino" (1995), "A ponte das poldras" (1996) ou "Nínive", co que gañou o Premio Losada Diéguez en 1997. Pero este non foi o único premio que recibiu polo seu traballo literario, en 2009 foi galardoada co premio da Crítica por "Hordas de escritura", co que volveu gañar o Losada Diéguez. Tamén foi recoñecida co Premio da Irmandade do Libro como mellor autora do ano en 2013. 

Te puede interesar