Ciclo de cine doutros continentes polo Nadal

Cine Club Carballiño ofrece este Nadal o ciclo 'Tan lonxe, tan cerca', co que pretende achegar ao público as produccións doutros continentes. O ciclom está composto por catro películas de Asia, África, Australia e América. Todas elas tiveron un gran éxito nos seus países e tamén a nivel internacional.
O 26 e 27 de decembro proxectarase a película xaponesa Confessions, que foi a gran gañadora dos premios da Academia de cine do seu país. Outra cinta é a australiana Animal Kingdom, gañadora de diferentes premios internacionais en festivais como o de Sundance. Ambas serán no Auditorio, mentras que os días 28 e 29 o ciclo trasládase á Casa da Cultura, onde se pasará Estación central do Brasil, fermosísima película nominada a dous Oscars e gañadora do Globo de Ouro á mellor película estranxeira. Para rematar, preséntase a producción exipcia El Cairo 678, na que se denuncia a violencia sexual.

Te puede interesar