comercio - navidad

Cita especial coas compras navideñas en Barbadás

O concurso de escaparates está xa en plena celebración, e as votación en liña estarán abertas ata o 20 de decembro

O comercio local de Barbadás acollerá mañá e a primeira metade do domingo unha xornada especial de compras de Nadal, con visitas especiais para os nenos, concurso de escaparates, música e outras sorpresas máis. Entre os que acudan a mercar, sortearase un vale de 400 euros. 

O concurso de escaparates está xa en plena celebración, e as votación en liña estarán abertas ata o 20 de decembro. Hai dúas categorías, unha de establecementos comerciais e outra de hostaleiros. 

Este evento é un dos primeiros do programa de Nadal de Barbadás. O Concello facía público onte o calendario de actividades culturais, que se desenvolven desde o 20 de decembro ata 4 de xaneiro. Entre elas, celebrarase a visita tradicional do Apalpador polas parroquias. O día 22 estará en Piñor, Cabeza de Vaca e Finca Fierro; y el 23 en Loiro, Sobrado y Barbadás. Antes, o 21 de decembro, estará na Casa da Cultura da Valenzá. 

Te puede interesar