REPORTAXE VENDIMA

A Cividade: vendima 2017

2017_Civ-carrexo-2_result

"Viñas sen terra, terras de uva óptima para viño. Vides, cal tesos, co Sil sempre de diante, pintando de verde o branco inverno da pedreira glaciar. Velaí a Cividade"

Unha cita longa, a conclusión da súa reportaxe de xuño do actual, ten necesariamente que abrir esta nosa historia. Débollo a Pepe Paz, de quen eu percibín a capacidade, nada habitual nos xornalistas que pasaron pola finca da Cividade, de converternos en protagonistas do seu relato. A marca en letra grosa puxémola nós.

(Una cuenta pendiente sentimental desde la pasada vendimia en A Cividade y que tendrá continuidad espolvoreada en otros relatos. Aquí la arquitectura del paisaje de los viñedos se vuelve filigrana, asaetando las panorámicas hasta cursarles nervio. A los turistas les causa gracia, curiosidad ociosa el contemplar a los labriegos aferrados a un terruño que se les escapa, a uno, asombro, al que no se le acerca ningún otro adjetivo que no sea el de heroicidad. Sobre el terreno unas vides que no tienen tierra, entre guijarros e improvisados senderos que nos permiten transitar entre ellas y subir hasta la cima, eso sí, sin despistes. El vino así sabe a gloria, y nunca mejor dicho. Insiste, Suso, por favor.En manos del Sil: José Paz.

Tocaba neste ano baixada do encoro. Vinte e tres metros, case nada.

En Xabrega, antes de máis, tractor e pa para desocupar o camiño aberto en anteriores descensos da altura do río; pista que, mergullada durante o resto do ano, vai sendo ocupada por pedras, troncos (que se depositan co descenso do nivel da auga) area,... Accedemos até uns tres metros en vertical. Unha insignificancia, amarrado como un está a maiores distancias e desniveis.

2017_Civ-limpeza-1_result

É unha tristeza que a administración non permita seguir abrindo camiño até o nivel da auga. Por este lado, que polo de Nogueira si se puido.

Pasaxe á viña, como sempre. Ou similar. Este ano, acompañounos a barca de Manuel Verao, tamén ribeirao por estirpe e devoción. Desde ela, puidemos filmar o traxecto de acceso de Brais, Xosé Ramón e Chus (tamén o Toño do Campo, Verao tamén que é pola súa avoa Dolores); a arribada ao fondo da rega (un pouco por riba do Burato Grande); neste punto non está demais lembrarmos que antes a Cividade chegaba ao Sil, non ao Sil represado como agora; e, finalmente, tamén recollemos en vídeo ao desatracarmos coa barca cargada coas caixas que transportan o Cividade selección de 2017.

Na vendima comézase (comezamos) por enriba. Ao revés de que sucedía cando se subían ao colado (non cadra explicalo, claro). Hai que dicir que anualmente os bichos (enténdase xabaríns, raposos e paxaros) non pasan por menos duns douscentos quilos de uvas (previa tamén a contaminación acústica coa que molestamos aos turistas do catamarán cos estoupos dos pastores de butano). Tenche leria a “contaminación acústica”.

Hai que vendimar por variedades e, nese lance, vemos especialmente corada a Albarello (Brancellao en oficial); non digamos pois nada da Mencía. Algunha Negreda (aquí é como lle chamamos) e Castellana. Centenarias moitas delas (cando menos Xosé Verao dicía que sempre as lembraba así). As condicións de vendima, óptimas.

2017_Civ-Uva Albarello-1_result

Neste ano visitounos, non a Televisión de Galicia como oficialmente se denomina, senón a Galega como popularmente a coñecemos. Que sabios son os pobos, sempre que os gobernantes os deixan exercer de seu. Nós ao noso, pero as xornalistas afanáronse en permanecer incólumes e tiraron de profesionalidade para así adaptárense ás dificultades da pedreira. Fotos, entrevistas, narración exacta dos labores de vertixe que estaban a presenciar. Moi ben, diría eu, vendo o resultado que despois presenciamos no telexornal serán ( da Galega).

Untitled collage

O carrexo toucoulles maioritariamente ao Brais e Manuel, os máis novos (Brais un mozo aínda). Todo ben, grazas ao teleférico de descenso instalado, que deixa as caixas ao nivel máximo da auga do encoro. PERO había 23 metros de baixada. Tocou insistir como diría Pepe Paz. Ben que me lembrei da súa recomendación. E insistimos. Esforzo este no que Iberdrola pasou polos noso xuramentos unha que outra vez. Por qué non dicilo: tamén houbo referencias a quen permite que as eléctricas leven a cabo esas baixadas en tempo de vendima. Hora e cuarto atrasou o xantar, xa no penedo de sempre e mellorado coa viseira do pendello (madeira de castiñeiro e tella curva, como tén que ser).

E despois de dar conta das viandas, tocaba cargar a barca, navegar de novo e descargar (lembremos: aínda uns tres metros de desnivel para chegar ao remolque; un toxo na dediña comparado cos vinte e tres que houbera que vencer na viña). Quixemos deixar constancia desta manobra tirando a arriscada tamén, que o traballo colaborativo superou con éxito. Logo, desatracar e a vogar cara a Xabrega.

En realidade, o que fai o texto este noso é acompañar a visión das imaxes dispoñéndoas por orde no tempo e lugar.

Claro que insistimos: para mantermos a fe que Xosé Verao (e sabe Deus cantos antes ca el) tiña:

 

2017_Civ-carga barca-4_result

 

"Viñas sen terra, terras de uva óptima para viño. Vides, cal tesos, co Sil sempre de diante, pintando de verde o branco inverno da pedreira glaciar. Velaí a Cividade.

Finca de noso que aporta esta singular selección de uvas e viño que vén a maduro entre o sol da tarde e a calor pétrea da noite neste abismo vertical do canón".

Te puede interesar